B. Santín
Oficio: Fotografía
País: España
Comunidad: Galicia
Toda su obra se caracteriza por su contenido libre de sus alegorías y simbolismos conceptuales por estar bajo la inspiración popular de la curiosidad, fantasía y didáctica, tratando de comunicar siempre el linguage interior a través de la palabra e la imagen.
Benjamín Santín Carballada, Becerreá (Lugo) 1933
B. SANTÍN
Nacido EL 4 de junio de 1933
Profesor mercantil, mestre industrial e delineante da construcción, Benjamín Santín é catedrático de Debuxo (cincuenta e tres anos como docente).
Foi profesor na Escola de Comercio, no Instituto Masculino (hoxe Lucus Augusti) e na Escola de Mestría Industrial (hoxe IES Nº 1 Politécnico de Lugo).
Participou en numerosas comisións e congresos, sendo presidente do primeiro Congreso Galego de Profesores de Debuxo (A Coruña, 1998).
Foi socio da Agrupación Fotográfica Lucense (1960-1976) e secretario da Asociación de Artistas Plásticos Lucenses (1996-2001).
En 1982 recibiu o primeiro premio no X Aniversario do Colexio Nacional de Decoradores.
Colabora con traballos de distinta temática en distintas publicacións.
Á súa vertente crítica, articulista e profesor hai que engadir o deseño, a fotografía, adoptando técnicas de plumiña, augada e acuarela, realizando deseño de logotipos, portadas de revistas, carteis, etc., así como participando en exposicións colectivas, tanto benéficas como libres, en pintura e fotografía.
Participou en varios congresos como participante o expoñente de relatorios.