LOLA SANZ
Oficio: Pintura
País: España
Para hablar de la pintura de Lola Sanz hay que comenzar con poesía, la poesía del azul y del mar. Así podría resumirse el imaginario creativo de esta artista. Llena de inquietudes y deseo de aprender nuevas maneras, recurre a diferentes técnicas y propuestas estilísticas: óleo, acuarela, acrílico…todas ellas con soltura y acierto, para conseguir las mejores soluciones expresivas. Su pintura exige ser contemplada sin prisas, dejándose sumergir en esos horizontes que se convierten en un viaje hacia la belleza. El lenguaje plástico de Lola Sanz es, en fin, expresión lírica con un personalísimo aderezo de sobriedad castellana que la caracteriza e identifica. Marisa Calderón
LOLA SANZ
Segovia 1959
Mestra e profesora segoviana, residente en Santiago de Compostela, é un claro exemplo dunha vocación artística redescuberta. Afeccionada á pintura ao natural cando nena, acompañaba ás veces ao seu pai a pintar nas rúas de Segovia e mesmo participaba nos concursos infantís de pintura ao aire libre, nos que recibiu varios premios.
É no ano 2003, tras un longo silencio, cando se produce un reencontro coa pintura, dentro do grupo creativo Singular_es. Dende entón a exploración artística en diversas formas de expresión é unha constante (pintura, Mail Art, escultura…).
Na súa obra, maioritariamente figurativa, son temas recorrentes as mariñas inspiradas especialmente na Ría de Noia, así como as paisaxes de Castela, máis como reminiscencias e lembranzas que como realidades. Por outra banda, o seu imaxinario descúbrenos flores ou obxectos da vida cotiá nun intento de deter o tempo do que nos rodea, outorgándolles una segunda existencia.
Participa habitualmente en exposicións individuais e colectivas, das que podemos destacar, ademais de diversas con GALEOSKA, AGAEC, e Singular_es, outras como “From portrait to selfportrait. The Galician Album”, proxecto de Antonio Nodar. Museo de Arte Contemporáneo. A Coruña; “Il Grande Mosaico, Opus Magnum Spying on History with Casanova”, Venecia; Mural para o proxecto artístico “Meninas de Canido”, Ferrol. As actividades máis recentes inclúen ademais de diversas exposicións, a organización dunha convocatoria internacional de mail art sobre Antonio Fraguas, persoeiro a quen se lle dedicaron as Letras Galegas 2019, así como a edición dunha publicación sobre este evento. No grupo creativo Galeoska participa activamente na edición da revista e da web do grupo: https://www.galeoska.es
Das súas últimas mostras, salientamos a exposición Tres en defensa da Natureza na sala de exposicións do Centro Empresarial do Tambre en xuño de 2020, e a participación nos certames GóisOrosoArte, no Salón 20×20 de AAAGP en Figueira da Foz (outubro de 2021), en BarbantiArte (marzo e abril de 2022) e en Art’in Lima, en Ponte da Lima, (xullo-setembro de 2022).
Na actualidade, continúa cos proxectos de MailArt e outros baseados na reciclaxe como é o caso da serie Recicl´Arte con cedés vellos.
Segue explorando outros camiños xa iniciados, como a escultura en formigón ou a arte efímera con area a través de intervencións de Land Art respectuosas coa Natureza.