CONCETTA
Oficio: Pintura
País: España
Web:
CONCETTA
Conchita Paz Montenegro, Villalva (Lugo) 1939
Artista y poeta.
«Teño 85 anos e cada vez teño menos forza creativa pero sempre me gustou a vida. A vida pode ser marabillosa e horrible, pero é o único que temos»
Profesora de CEIP, acaba a súa profesión docente no IES ÁNXEL FOLE (Lugo) como profesora de Lingua Galega.
O seu espíritu soñador e rebelde está presente na súa vida e na súa obra.
Forma parte do grupo de poetas e artistas plásticos ROTEIRO DAS ARTES con carácter itinerante por toda Galiza (Monterroso, Teo, Padrón, Taboada, Sarria, Chantada, A Coruña).
Tamén se integra en ROTEIRO DAS ARTES INTERNACIONAL: Galiza-Cabo Verde, Galiza-Perú, Galiza Mozambique, Galiza-Ucrania, Galiza-Angola. Escribe tamén en XISTRAL (Revista lucense de creación poética) 2014- 2015- 2016- 2017.
Partícipe asidua en catas poéticas. Ten editados dous poemarios: LATEXOS-(2006) e CUNCHEIRO(2016).
No mundo das Artes Plásticas a súa traxectoria é moi larga.
Técnica de Artes Plásticas en Serigrafía Artística. Técnica superior de Artes Pásticas e Deseño en Gravado e Técnicas de Estampación. Técnica Superior de Cerámica Artística. Deseñadora. Ilustradora.
Máis de cen exposicións avalían a súa pintura e obra gráfica..