Alberto Oro
Oficio: Escultura
País: España
Web:
ALBERTO ORO CLARO. Allariz 1954
Escultor, médico de formación e profesor na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña.
As esculturas son obxectos do cotiá reinterpretados para provocar, para roubar sorrisos e para brincar co absurdo.
Trátase de obras que se moven entre o surrealismo e a arte conceptual: son xogos intelixentes para ultrapasar o evidente e que nada sexa o que parece.
O autor rescata obxectos cotiás en mercados de moitos países para reinventalos e dar un novo significado, eso si, con moita retranca galega.